sábado, 21 de marzo de 2020

DÍA MUNDIAL DA SÍNDROME DE DOWN

Ola nen@s!
Hoxe é o día mundial da Síndrome de Down.
Para que coñezades un pouco máis a vida de persoas que o teñen, aquí vos colgo unha curtametraxe.
Unha vez a vexades, podedes responder a estas preguntas e mandarmas como fixemos ata agora:
  1. Qué é a Síndrome de Down? 
  2. Como cambiaron as cousas respecto a hai moitos anos coas persoas con Síndrome de Down?
  3. Que lle diriades a unha nai/pai que vaia ter un bebé con Síndrome de Down?

Tamén deixo enlaces para que sigades investigando:

Conto para que vexades cos vosos irmáns pequenos (ou para vós, que sei que aínda vos gustan):

- Lolo, un conejo diferente

Unha experiencia con nen@s con Síndrome de Down:

- Los peces no se mojan

Unha aperta.
Lucía.

Ningún comentario:

Publicar un comentario