domingo, 22 de marzo de 2020

DAMIÁN E ORIGAMI

Damián, alumno experto en Origami, tráenos unha proposta para facer estes días na casa. E xa me avisou que non ía ser a única.
Quixo comezar por algo máis sinxelo: unha bolboreta, para dar a benvida á primavera.
Aquí está o vídeo que explica como facela.
Rétovos a que o intentedes e me mandedes os resultados finais a min para que os suba ao blogue: lucia88.n.g@gmail.com
Calquera curso do cole está invitado a probalo. 



Material necesario:
- Un folio/cartulina.
- Tesoiras.

Feliz Origami.
Lucía

1 comentario: