Hoxe Josiño propón esta receita para facer máis doce o confinamento.
- Ingredientes:
- 125g de margarina.
- 125g de azucre.
- 4 ovos.
- 200g de chocolate negro.
- 60g de fariña de trigo.
- 60g de maicena.
- 1 ou 2 sobre de levadura.
- Preparación:
Prequentar o forno a 170 graos.
Poñer o chocolate nun cazo xunto coa margarina e derretelo ao baño María. Nun bol, bater os ovos co azucre ata que o azucre se disolva.
Engadir a levadura, a fariña e a maicena. Incorporar a continuación a mestura de margarina e chocolate e meter ao forno durante 20 minutos.
Se queredes facelo máis grande soamente tendes que dobrar as cantidades. (x2).
Grazas Jose por compartir con nós.
Unha aperta para a túa familia e outra para ti.
Ánimo para todxs!
Lucía.
lucia88.n.g@gmail.com
Ningún comentario:
Publicar un comentario