Algúns viñeron disfrazados de esqueleto, de vampiro, de monstruo...que medo!
As dúas primeiras horas de clase intentamos traballar un pouquiño, aínda que non estabamos moi concentrados pensando nas sorpresas que virían despois...
Ás 11:10 foi o recreo, ata as 11:30. Despois marchamos a clase. E aos 5 minutos, o son duns tambores un tanto siniestros viñeron buscarnos a clase. Así de contentos seguímolos polo noso corredor cheo de morcegos e caras de personaxes terroríficos feitos por eles/as en plástica.
Xuntáronnos a tod@s no ximnasio vello para escoitar o ben que tocaron os nen@s de 5º unha das cancións da banda sonora de "Harry Potter" con frauta e xilófonos.
Cando remataron, aplaudimos moito e comezaron a dividirnos por grupos para dirixirnos aos obradoiros.
Sentíndoo moito, non teño fotos de todos estes obradoiros, xa que eu estaba na biblioteca, no "obradoiro de monstruos recortables", e coma non paraban de entrar nenos e nenas, non tiven un segundo para sacar unha foto! Iso sí, se queredes podedes ver un video do Samaín no blog do cole:
pazosnormaliza.blogspot.com
Como non! As cabazas non puideron faltar! Esta vez fixéronnas nun obradoiro eles mesmos.
Ata pronto!
Lucía :)
Ningún comentario:
Publicar un comentario