xoves, 12 de novembro de 2015

Horta! Que ganas!

O ano pasado xa comezamos a traballar na horta e foi unha experiencia moi gratificante para tod@s. Adquirimos un montón de coñecementos novos, sen darnos case conta.

Plantamos chícharos, patacas, berzas, cebolas, xirasois...
Estes son algúns dos seus beneficios:

  • Aprendimos a sachar a terra, preparándoa para as nosas plantiñas.
  • Botamos abono que creamos nós mesmos no cole.
  • Plantamos sementes. Temos pás, restrelos, sachiños...
  • Regamos cada vez que era necesario, durante algunha clase na horta, ou nos recreos.
  • Arrincamos herbas malas, recollímolas coas nosas carretillas, botes...
  • Observamos o seu crecemento, debuxámolo mes a mes, e... recolectamos!!!!!!! 
   



























E todo o que nos queda por aprender!!! 
Este ano máis, e mellor! 
Pd: necesitamos calzado vello, botas de goma ou o que teñades por casa, para deixar durante todo o curso na clase e poder ir traballar os días que o tempo nos permita.
Un saúdo.
Lucía :)

Ningún comentario:

Publicar un comentario