Ola de novo!
Hoxe vou ensinar as imaxes dunha das actividades que se repiten cada día nas aulas de todo o cole:
Temos marcado o Proxecto Lector de centro desde as 12:00 ata as 12:20. Momento obrigatorio de lectura. Pero sempre ler o que nos apeteza (porque eu tamén leo), onde nos apeteza e con quen nos apeteza. Tamén podemos ler soliños ou lerlle o noso libro ou conto ás nosas mascotas da biblio de aula: Dragón e Moucho. Ou ler aos nosos compis.
 |
| Saray, Ivan S e Néxtor. |
 |
| Noa lendo con Dragón. |
 |
| Josiño lendo con Moucho. |
 |
| Ángel descubrindo con Néxtor algo que parece moiiii interesante. |
 |
| Sanromán concentrado. |
 |
| Iria e Uxía entretidas. |
 |
| Dami máis eu investigando máis sobre castelos. |
Un saúdo!
Lucía :)
Pd: Non é posible sacalos a tod@s nas fotos sen que se dean conta!
Ningún comentario:
Publicar un comentario