luns, 9 de novembro de 2015

Rutinas

Todos os días, cando chegamos a clase, saludámonos e despois organizámonos para comezar o día.
Cada día novo, temos un/unha encargado ou encargada e un/unha axudante.
Os encargados son os protagonistas deste momento, e as rutinas constan duns pasos onde eles mesmos fan de mestres:
1º: Colocan a alfombra para que nos poidamos sentar.
 2º: Chaman aos grupos por orde para que se vaian sentando tranquilamente na asamblea.


3º:  Poñen a data, fan o conteo dos días que levamos xuntos coas palliñas e descompoñen o número que lles toca na pizarra pequena.


4º: Van á ventá onde temos un termómetro para ver a temperatura exterior, e despois observan a interior no que temos na aula e escríbenna nun cartel.


5º: Cantan a canción dos días da semana en castelán e en inglés. O encargado di o día que é, o que foi onte e o que será  mañá.

 6º: Cantan a canción resumida dos meses do ano, e @ encargad@ di en que mes estamos e que número é.
 6º: Para finalizar coas rutinas, @ encargad@ pregunta a quen quere, que tempo cree que fará ese día; para que o coloreen nas nosas táboas do tempo, e poñan a temperatura de cada día.
7º: Gardan de forma ordenada as súas táboas do tempo nos seus casilleiros.


8º: COMEZAMOS COAS ACTIVIDADES QUE TOQUEN ESE DÍA!!

Un saúdo.
Lucía :)




Ningún comentario:

Publicar un comentario