Ola chicxs!!
Como somos expertos en Civilizacións Antigas, que vos parece se viaxamos a unha?
EXIPTO
En concreto, a Giza. Alí atopamos a tumba de Meresanj III.
MERESANJ III foi raíña de Exipto, neta de KEOPS, e esposa de KEFRÉN. Enterrada en Giza nunha MASTABA que agora podemos visitar.
A información está en inglés, pero vouvos poñer algunha foto traducida para que entendades.
Despois, déixovos a visita virtual, para que vexades como era no Antigo Exipto, e poidades comparar con como é agora.
Imaxe do pai de Meresanj: Kauab |
Meresanj coa súa nai, Hetepheres II, e os seus fillos. |
Mulleres representadas nas paredes para enfatizar o amor materno e o afecto. |
Ningún comentario:
Publicar un comentario