xoves, 16 de abril de 2020

TERCEIRO TRIMESTRE

 Ola rapaces e familias!

Para este terceiro trimestre, a nosa vía de comunicación para tarefas máis específicas será mediante EDIXGAL.

O blog seguirá funcionando, para actividades xerais, pero tamén colgarei aquí as actividades que mande en EDIXGAL, para todos aqueles que non teñades opción de entrar na plataforma por agora.
Polo momento seguiremos repasando e reforzando contidos que xa foron impartidos.
Todos os luns, teredes as actividades de cada semana.
Xa están en EDIXGAL as desta.

SI necesitamos ter evidencias de que os rapcxs participan.

Para os mestres non está sendo fácil esta forma de traballo, pero son consciente de que ensinar na casa tampouco o é. Polo tanto non haberá unha sobrecarga de tarefas. Para poder manter o benestar dos nenxs e das familias. Que nalgúns casos, xa bastante alterado está pola situación que estamos vivindo.

Unha vez máis, grazas pola vosa colaboración e polos vosos ánimos que recibo a diario.

 Seguimos en contacto por ABALAR, e se non, tamén tendes o meu correo.

↝↠Rapaces: bótovos moito de menos. Teño ganas de chegar polas mañás á nosa "cova", que vaiades entrando, e recibir os vosos "bos días", os vosos abrazos, os sorrisos, as asambleas, o semáforo, as caras de sono... 
Pero volveremos á normalidade. Falta menos!

Un bico enorme, 
Lucía.

Ningún comentario:

Publicar un comentario