Para unir este experimento co proxecto dos dinosaurios, pois decidín que unha das teorias da súa extinción foi por un volcán. E...por que non facer un na clase, xa que tivemos a oportunidade.
Grazas á familia de Asier, conseguimos xeo seco. O xeo seco utilizáse en laboratorios, lévanno os extintores, úsase en alta cociña... e se non se explica ben como usalo, pode queimar a pel.
Por iso, primeiro, Asier, explicounos como usalo a toda a clase (xa mo explicara antes a min a familia). Aínda así, preferimos poñernos uns guantes por protección. E isto foi o que pasou. Se polos peques fose, poderíamos pasar as 5 horas da mañá así.
Todas as aulas do cole tamén puideron coñecelo. Xa que me pareceu algo moi interesante para ensinar.
Aquí vos deixo á nosa clase aprendendo e descubrindo:
Non hai de que, grazas á ti por deixarte liar, e que os nenos disfruten de cousas novas. Aquí estamos para axudar sempre q poidamos o mesmo que ti nos estas axudando a educalo.
ResponderEliminarGrazas Marga!😘😘
Eliminar