xoves, 29 de abril de 2021

ESTAMOS FORRAD@S



Ola!

Comezamos a traballar cos euros hai uns días.

Xa sabemos cantos existen, aínda que algún billete dos grandes non os temos nin de mentira 😜

Aprendimos a clasificar céntimos e euros, aínda que para entendelo mellor necesitaríamos aprender os decimais. 😰

Así que decidimos que aprenderíamos a contar cousas básicas como mercar o pan, o cara que é a autopista de Redondela a Vigo, canto vale un balón, un lapis... E pronto poderemos facer un mercadillo na clase. 

Vémonos pronto.

Lucía..





luns, 26 de abril de 2021

FÓSILES DE DINOSAURIO


Hai unhas semanas fixemos estes ósos de dinosaurio, algún coprolito, dentes... Aínda non saben moi ben para que os fixeron, pero próximamente se saberá. 🤫 

Para facer esta masa (masa de sal), necesitamos: fariña, auga, sal e eu usei cola branca para  endurecelos un pouco. Canto máis tempo pase, máis duros quedan.

Aquí está o proceso. O resto non puiden fotografialo, porque precisaban axuda para darlles forma.
 





Unha aperta.
Lucía


martes, 20 de abril de 2021

Experimento con xeo seco

 Para unir este experimento co proxecto dos dinosaurios, pois decidín que unha das teorias da súa extinción foi por un volcán. E...por que non facer un na clase, xa que tivemos a oportunidade.

Grazas á familia de Asier, conseguimos xeo seco. O xeo seco utilizáse en laboratorios, lévanno os extintores, úsase en alta cociña... e se non se explica ben como usalo, pode queimar a pel.

Por iso, primeiro, Asier, explicounos como usalo a toda a clase (xa mo explicara antes a min a familia). Aínda así, preferimos poñernos uns guantes por protección. E isto foi o que pasou. Se polos peques fose, poderíamos pasar as 5 horas da mañá así.

Todas as aulas do cole tamén puideron coñecelo. Xa que me pareceu algo moi interesante para ensinar. 

Aquí vos deixo á nosa clase aprendendo e descubrindo:






Grazas familia de Asier!


Podedes comentar as entradas do blog sempre que queirades. Estarei encantada de lervos.

Unha aperta a tod@s!
Lucía.