martes, 2 de xuño de 2020

O LIMÓN MÁXICO


Ola bonitxs!
Hoxe quero deixarvos un vídeo feito con moito cariño, no que podedes participar se queredes.
Como o proxecto deste ano da biblio foi "A arte", o que teriades que facer sería:

Escoller un lugar (pola arquitectura), un cadro, escultura, catedral...e buscar información sobre iso. MOI RESUMIDA.
Despois diso teríades que poñervos en contacto comigo e contarme a vosa idea aquí:
lucia88.n.g@gmail.com

Logo eu poríame en contacto con vós.

DATA LÍMITE PARA PARTICIPAR:
5 DE XUÑO ÁS 14:30.
Todos os correos que me cheguen despois desa data e hora, estarán fóra.

O vídeo ten unhas sorpresas marabillosas.

Aquí o tendes, esperamos que vos guste:





Quero agradecer a Miguel e a Carlos a súa marabillosa participación. Ademais duns grandísimos orientador e profe respectivamente, temos dous actores magníficos no cole.
Moitas grazas compis! Foi moi divertido.

Mil bicos,
Lucía.


Ningún comentario:

Publicar un comentario