xoves, 10 de marzo de 2016

Unha gran oportunidade!

Varios compañeir@s do cole están levando a cabo un proxecto escolar con outros países. 
Tivemos a gran oportunidade de coñecer a 4 mestres de Turquía, e como non , aproveitamos esta ocasión especial para aprender cousas do seu país e da cidade da que viñan: ADANA.
1º--> Situamos a cidade nun mapa de Turquía.
2º--> Teñen unha preciosa mezquita en Adana chamada SABANCI CAMII.
3º--> Como traballamos cos castelos, ensinamoslles todo o que fixeramos ata ese momento sobre o proxecto, e coñecimos un castelo de Adana: ANAVARZA KALESI. Impresionante.
Eles axudaronnos a facer a actividade que prepara para ese día, e ata @s nen@s falaron en inglés!
Foi un día moi emocionante.












Grazas a Özlam, Turan, Cihan e Mustafa por ser tan agradables e tratarnos tan ben.
Unha aperta.
Lucía :)

Ningún comentario:

Publicar un comentario