domingo, 25 de outubro de 2015

Nova amiga

Un amigo novo na clase


Ola de novo!
Ocorreu un día na clase, nada máis chegar. E como facía calor, fun a abrir a ventá, e que me topei?
Unha mantis relixiosa.
Moitos deles xa a coñecían, pero nunca a tiveran tan preto. Eu tampouco.
Aprendimos algo sobre este insecto, sobre a marcha: 
Poden ser verdes ou marróns, non sobreviven ao inverno. Son carnívoras. As femias poden mordernos, e esta en concreto era unha femia. As características físicas podedes velas por vós mesmos:

Decir que nese tupper estivo minutos e con el destapado para que puidese respirar. 



Lucía :)

Proxecto Castelos de Galicia

Ola a tod@s!
Cando cheguei este novo curso ao cole, leveime a fantástica sorpresa de repetir coa mesma clase.
Sabía que quería que traballaramos mediante un proxecto, axudándonos dos libros de cando en vez.
Propuxen aos nen@s o seguinte título: "Castelos de Galicia", e a interese foi grande.
Saíron un montón de preguntas sobre os castelos, cousas que xa sabiamos... Así que a decisión estaba clara, traballaremos durante todo o curso con este proxecto, mediante o cal aprenderemos moito e tamén nos divertiremos. Ahí van algunhas fotos de cando comezamos a construir a nosa muralla.



                             





Lucía :)

Novo curso

Ola a tod@s!
Antes de nada, gustaríame dicir que estou moi contenta por volver estar con estes nen@s un curso máis. E pedir perdón polos problemas técnicos.
Temos moitas cousas novas que aprender, e moi divertidas
Quero darvos a benvida a segundo B: Dami, Antía, Uxía, Iria, Fidel, Martín, Josiño, Iván Ro, Iván S, Lucía, Noa, Saray, Lucas, Néxtor e Ángel.



Lucía :)